domingo, 17 de agosto de 2008

Artículo en Galicia Hoxe

Copio y pego este artículo:

A grande ignominia
Darwin afirmaba que as raíces do odio están na vinganza e na defensa dos intereses propios
Ou a gran infamia. Ou a gran impostura. Cando o idioma galego está en vías de extinción –e resistir vai resistindo como pode: a morte é lenta–, aparecen colectivos organizados e individuos a denunciaren tan tranquilos a "imposición" do idioma galego sobre o castelán; o "afogo" que, segundo eles, sofre o castelán en Galicia. Estes colectivos e individuos, sen dúbida, practican a irracionalidade máis extrema e, absolutamente fóra da realidade e situados, no plano político, en espazos de ultradereita, convértense claramente no que o antropólogo francés Pierre Clastres denominaba "etnocidas"; o que dende outras perspectivas próximas se entendería como "xenocidas culturais": grupos e persoas, neste caso, que levan a cabo actos premeditados coa intención de destruír un idioma. Lembra o profesor Alejandro Dorna, da universidade francesa de Caen, nun ensaio titulado Elementos para una psicología política del fascismo, que hoxe en día a reaparición en Europa e nalgúns outros puntos do planeta de novas tendencias integristas, xenófobas, racistas e fascistas, mostra que a razón pode unha vez máis sufrir os asaltos da irracionalidade. Afirmar hoxe que o castelán periga en Galicia por "imposición" do galego é algo absolutamente irracional e só se pode entender se acudimos a textos científicos que estudan a psicoloxía política do fascismo. Mais tamén están aí –na actual persecución que se leva a cabo contra o idioma galego– as formas do odio, o odio multiplicado do individuo. Charles Darwin non dubidaba en afirmar que as raíces do odio estaban na vinganza e na defensa dos intereses propios. ¿Por que existen individuos que odian a lingua galega? ¿Por que cando o noso idioma perde falantes –morren vellos galegofalantes e non se incorporan á fala os mozos: cuestión de tempo para a desaparición da lingua–, veñen organizacións e individuos a axudar á morte do noso máximo signo de identidade? Este fenómeno debe ser analizado por especialistas. Non é posíbel tanta irracionalidade, tanta deshumanización.

Es imposible decir tantas barbaridades juntas.
Aquí teneis el enlace para vomitar en directo:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=294013

1 comentario:

Elentir dijo...

Estos tipos tienen la cara de cemento armado. Por cierto, que decir que "el idioma gallego está en vías de extinción" es una mentira, además de una estupidez como la copa de un pino. Pero bueno, tonterías de éstas los nacionalistas las sueltan sin pestañear, y lo peor de todo es que además se las creen ellos mismos...